Hans-Joachim Stuck
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1951 (73 anos) Grainau, Alemaña (pt) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un |
Nacionalidade deportiva | Alemaña |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Pai | Hans Stuck |
Páxina web | hansstuck.com |
Hans-Joachim Stuck (nado o 1 de xaneiro de 1951), Strietzel , é un piloto Alemán de carreiras que competeu en Fórmula 1 e moitas outras categorías.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Garmisch-Partenkirchen, e é o fillo de Christa Thielmann e o lendario Hans Stuck. Cando era neno, o seu pai ensinoulle a conducir en Nürburgring. En 1969 participou na súa primeira carreira de motor en Nordschleife. Ao falar dese día, dixo, "Chegar á grella foi moi emocionante. De súpeto, os meus desexos de converterme en corredor fíxose realidade. Só quería empezar a carreira e mandar a todos ó inferno!"[1] o ano seguinte, con tan só 19 anos de idade, gañou as súas primeiras carreira de 24 horas ao volante dun BMW 2002ti. Gañou alí de novo en 1998 e 2004, tamén, cada vez cun BMW de turismo.
O sempre amable e divertido, alto e louro bávaro, que vive en Austria, foi alcumado Strietzel logo do seu nacemento pola súa avóa, como ela dicía que o bebé parecía unha das famosas tortas Stollen da súa Saxonia natal. Tamén é alcumado Regenmeister ("Mestre da choiva") pola súa habilidade para correr en pistas molladas.
En 1972, Stuck asociado con Jochen Mass levaron un Ford Capri RS2600 á vitoria na carreira de resistencia das 24 Horas de Spa en Bélxica. As súas campañas de carreiras no BMW 3.0 CSL "Batmobile" tiveron moito éxito en 1974 e 1975, no DRM alemán, así como nos Estados Unidos, xunto con Ronnie Peterson. Máis tarde, na década de 1970 correu co BMW 320i turbo.
Logo dalgúns éxitos en Fórmula 2 cun March-BMW, tamén entrou na F1 con March. Stuck participou en 81 grandes premios, debutando o 13 de xaneiro de 1974. Logrou 2 podios e anotou 29 puntos no campionato. Stuck tivo bastante éxito no Brabham - Alfa en 1977, liderando o Gran Premio dos Estados Unidos de 1977 en Watkins Glen baixo a choiva, pero foi substituído por Niki Lauda para 1978, Stuck perdeu a oportunidade de unirse a Williams F1 xusto antes de que este equipo logrse o éxito.
Debido á súa altura de 194 cm, non encaixaba ben nos coches de F1 da década de 1970 que tiñan a cabina adiantada. Deixou a F1 nese momento probablemente evitando malas lesións nas pernas, como as sufridas por Ronnie Peterson, Clay Regazzoni, Marc Surer e outros.
Stuck continuou competindo en carreiras de autos deportivos de todo o mundo, gañando as 24 Horas de Le Mans dúas veces cun Porsche 962. Stuck di que o 962 é o seu auto de carreiras favorito dos que pilotou durante a súa carreira, describíndoo como a "perfecta combinación de potencia e carga aerodinámica".
Na década de 1990 saboreou éxito cun coche de turismo, gañando o campionato DTM en 1990 con Audi, antes de regresar a Porsche nas 24 horas de Le Mans en 1998. Retomou un BMW oficial posteriormente. En 2006, Stuck competiu na tempada inaugural da fórmula Grand Prix Masters para pilotos retirados de Fórmula Un, logrando o 6º posto na primeira carreira no Circuíto de Kyalami en Suráfrica os días 11 e 13 de novembro de 2005.
En xaneiro de 2008 Stuck iniciou o seu actual cometido en Volkswagen Motorsport.[2] Este papel tamén lle levou a utilizar a súa experiencia para axudar a refinar os coches de estrada, incluído o novo Golf VI GTI.[3]
Stuck anunciou o fin da súa carreira activa como piloto de carreiras logo de 43 anos despois das 24 Horas de Nürburgring de 2011, no que participou cun Reiter Engineering Lamborghini Gallardo LP600 GT3 xunto con Dennis Rostek e os seus fillos Ferdinand Stuck e Johannes Stuck. O equipo Stuck³ terminou 15º na xeral logo de problemas na caixa de cambios.[4]
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Resultados completos no Campionato Europeo de Fórmula 2
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1971 | Eifelland Wohnwagenbau | Brabham BT30 | Cosworth FVA | HOC | THR | NÜR Ret |
JAR | PAL | ROU | MAN | TUL | ALB | VAL | VAL | — | 0 | ||||||
1973 | STP March Engineering | March 732 | BMW M12 | MAL | HOC Ret |
THR | NÜR 16 |
PAU | KIN | NIV | HOC Ret |
ROU Ret |
MNZ | MAN | KAR | PER | SAL | NOR Ret |
ALB | VAL | — | 0 |
1974 | March Engineering | March 742 | BMW M12 | BAR 1 |
HOC 1 |
PAU Ret |
SAL Ret |
HOC 3 |
MUG | KAR 8 |
PER 1 |
HOC 2 |
VAL 2 |
2º | 43 | |||||||
1975 | Jägermeister Team March | March 752 | BMW M12 | EST | THR Ret |
NÜR 8 |
PAU | — | 0 | |||||||||||||
March Engineering | HOC 2 |
HOC Ret |
SAL | ROU | MUG | PER | SIL | ZOL | NOG | VAL | ||||||||||||
1976 | BMW Motorsport | March 762 | BMW | HOC 1 |
THR | VAL | SAL Ret |
PAU | HOC 1 |
ROU | MUG | PER | EST | NOG | — | 0 | ||||||
March Cars Ltd | HOC Ret |
|||||||||||||||||||||
1977 | Project Four Racing | Ralt RT1 | BMW | SIL | THR | HOC Ret |
NÜR | VAL | PAU | MUG | ROU | NOG | PER | MIS | EST | DON | — | 0 | ||||
1979 | March Racing Ltd | March 792 | BMW | SIL | HOC | THR | NÜR | VAL | MUG | PAU | HOC Ret |
ZAN | PER | MIS | DON | — | 0 |
Resultados Completos na Fórmula 1
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans
[editar | editar a fonte]Resultados completos nas 24 Horas de Nürburgring
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ AUSringers.com Hans-Joachim Stuck interview Retrieved 2009-04-04
- ↑ hansstuck.com Arquivado 15 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Hans-Joachim Stuck career Retrieved 2009-04-04
- ↑ AUSmotive.com 2009 Mk6 Golf GTI image gallery Retrieved 2009-04-04
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 09 de setembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hans-Joachim Stuck |
- Official website Arquivado 21 de setembro de 2014 en Wayback Machine.